A COVA DOS SONS 2.0

Comeza a nova temporada de A Cova dos Sons e con esta tamén cambia o formato ó que nos tiña acostumado.

Con está nova versión "A Cova dos Sons 2.0", o programa pasará a ser un programa máis común cunha estrutura sinxela, semellante á da maioría de programas musicais ós que estamos afeitos a escoitar na radio tradicional.

O programa pasará a ter unha primeira parte de 1 hora aproximadamente onde se escoitará a música á que xa nós tiña afeitos xa este programa; recordando pasado, presente e futuro da música galega.

Tras previo avance dos concertos e distintos directos dos grupos da terra nas semanas próximas, pasaremos a unha nova sección desta versión 2.0 do programa da Radio Valadouro.

Unha sección na que terá cabida calquera incomporación que se vexa apropiada dentro do panorama musical galego, desde novidades musicais, CD's históricos ou mesmo entrevistas poderán escoitarse nesta última sección de A Cova dos Sons 2.0. Unha cocteleira de diversos contidos coa música do país como protagonista.

Espero que esta volta do programa musical de Radio Valadouro sexa do gusto dos ouvintes desta versión 2.0 de A Cova dos Sons. O formato que nos tiña acostumado o programa cambia, pero a base principal desa cova sónora das ondas do val non cambia. Seguiremos a escoitar a mellor música do mundo, música da terra, música en galego.


Aquí vai o reproductor onde poderedes 
escoitar os distintos programas de
A COVA DOS SONS 2.0

O REPRODUCTOR SEGUE A NON FUNCIONAR, PARA ESCOITAR OS PROGRAMAS SEN DESCARGALOS SÓ TEDES QUE PULSAR NOS ENLACES DOS ESPECIALES QUE ESTÁN DEBAIXO DAS DESCARGAS.
PROCURAREI AMAÑAR O ANTES POSIBLE O REPROCTOR, MENTRES TANTO TEDES O AUDIO COLGADO DIRECTAMENTE DESTE XEITO.

Descargas:

          2ª Temporada                                      3ª Temporada                        4ª Temporada
           1º Programa                                           1º Programa                            1ª Programa
           2º Programa                                           2º Programa                            2º Programa
           3º Programa                                           3º Programa                            3º Programa   
           4º Programa                                                                                          4º Programa
           5º Programa                                                                                          5º Programa
           6º Programa                                                                                           6º Programa
           7º Programa                                                                                           7º Programa
           8º Programa                                                                                           8º Programa
           9º Programa                                                                                           9º Programa
          10º Programa                                                                                         10º Programa
          11º Programa                                                                                         11º Programa
          12º Programa
          13º Programa
          14º Programa
          15º Programa
          16º Programa
          17º Programa

4ª Temporada (2013/2014)


Especial 1º programa: Traballos discográficos 2013
Xa levabamos un tempo sen ter programa de A Cova dos Sons e neste tempo son moitas as novidades que o panorama musical galego nos trae. En canto a traballo discográficos son moitos os grupos que xa sacaron novo album neste ano 2013; hoxe falaremos duns cantos: Arrhythmia, Vicky Polard, Nao, A Compañía do Ruído, Terbutalina e os John Deeres; entre outros tantos dos que non podemos falar (o tempo na radio é limitado)..


Vintecinco anos son moitos anos para un grupo de rock e se falamos dun grupo galego, con todo o que eso implica en taras, son anos que merecen un gran aprecio. Por todo isto tralo 25 aniversario da banda de Cerceda Zënzar unha morea de grupos xuntaronse para rendirlle tributo en forma dun album versionando os temas dos "padriños" do rock galego. Neste programa mostrarase un pequeno petisco deste fabuloso traballo para abrirvos a boca ante este grupazo de "veteranos" do rock en Galicia.


Motor Perkins é unha banda de Donramiro (Lalín) que participou no panorama musical galego xa hai uns anos. Baixo o seu estilo de Celtic Punk/Folk irlandés recorreu as táboas de todo o país cun directo de calidade e deixandonos un só traballo discográfico con 6 temazos (pulsar aquí). Neste programa poderemos disfrutar duns cantos temas, xa sexan versións adaptadas ó galego por eles mesmos ou cancións de composición propia.

Xa son 10 anos os que levan este grupo de hip hop galego encima das táboas, anos de compromiso facendo ritmos e rimas na fala do país. Tempos pasaron desde aqueles dous grupos de Ordes, 5 Talegos e Ghamberros, que se xuntaron nun sempre recordado Festigal para formar un Tribo que quedará marcada a ferro na historia do panorama musical galego. Pasarán a historia tanto por ser o grupo que popularizou o rap en galego como por aquel traballo que se convirteu no primeiro traballo discográfico de rap en galego, o rompedor Xénese. Parabéns ós DKTC e que sigan as súas rimas vivas por outros 10 anos máis (polo menos).


Os Heredeiros da Crus sorprendéronnos a todos coa súa volta, tan desexada por moitos, durante o pasado ano 2012. Cun ano cargado de concertazos calmaron as ganas de moitos de poder ver a ese gran grupo da nosa infacia encima das táboas co seu poderosísimo directo. Neste ano 2013 traennos debaixo do brazo o seu novo CD, "Jard Rock Con Fe", un traballo que lles permite volver a escena galega con nova música que levar ós concertos. Neste 5º programa dámosvos unha pequena mostra deste boísimo traballo dos inmortais Heredeiros da Crus.


Os Nao levan uns meses de estrea de disco e xa era hora de darvos unha mostra no programa. Aproveitamos así para darvos unha pequena mostra da historia do grupo, un dos veteranos do panorama, que xa soou moitas veces na Cova pero nunca nos paramos a falar abertamente del. Por iso neste programa poderedes disfrutar deste grupo da Estrada co seu novo CD na súa nova formación cos 3 de sempre (Jasper, Gus, Paul) e o novo batería Amós (trala marcha de Ramón); ademais da nova etapa con Jasper á voz principal.

Levamos falado xa moitas veces da historia desde grupo do Bravú de Vilanova de Lourenzá, pero xa levabamos unha boa tempada sen traer a súa música ó programa; así que adicada vai esta 2ª sección do programa ós Skornabois. Para os que aínda non teñan ningunha referencia deste grupazo, aquí un pequeno petisco do que foi e é esta banda. Skornabois foi un dos grupos creadores do Movemento Bravú, que naceu en Lourenzá baixo un estilo preto ó punk, pero que durante a súa carreira foi collendo influencias doutros estilos famosos da época (rap metal, hip hop, funk) derivando nun estilo que mesturaba á perfección o son máis tralleiro das guitarras electricas, cunha base ritmica preto do funk rock e cunhas letras rapeadas baixo un fondo electrónico mediante samplers e programacións varias.


Hoxe toca traer ós Esquíos á sección monográfica da Cova dos Sons, un grupo estradense que practica un punk rock garaxeiro cunhas letras potentes cheas de raiba e sentimento. Tralo falecemento do seu actual cantante, Moro, o pasado martes, nada mellor para darlle unha homenaxe á súa persoa que traervos a súa música para o disfrute de todos os oíntes. Ademáis nestas datas estaban a presentar o seu novo álbum "Porcocan", polo tanto xa aproveitamos para falarvos dun dos traballos discográficos de calidade deste ano 2013. Que a terra che sexa leve, sempre na memoria... a ti Moro, adicado vai este oitavo programa.

Non é a primeira (nin será a última) no que os Terbutalina soan neste programa, pero dado a importancia desta banda na actualidade da música galega, xa viña sendo hora de adicarlles unha sección monográfica a esta banda de Muros. Este grupo muradán autodenomina ó seu estilo gastropunk, xa que segundo eles o punk morreu e despois o paparon, así andan a cuspir letras directas sin destilar baixo ritmos garaxeiros, adornado todo isto cunha guinda, da que non todas as bandas poden presumir: unha posta en escena BRUTAL!!

Chegamos ó décimo programa desta 3ª temporada da Cova dos Sons e con el traemos un programa especial. Xa non é a primeira entrevista do programa (houbo unha a Ugía Pedreira anterior) pero esta tal vez nos queda a todos máis preto pola xuventude e polo cerca que vive o invitado e o seu grupo da nosa realidade mariñá. Nuno é un dos compoñentes do grupo burelés Skolhma, no que actualmente toca o baixo, podemos clasificar a esta banda como un grupo punk (con moita actitude) que incorpora influencias moi diversas, desde o blues ata o rock máis clásico. Unha entrevista moi interesante e á vez moi cómoda que esperemos que non sexa a última e que Nuno ou o resto de compoñentes volvan pisar a caverna sonora de Radio Valadouro máis veces.

A Cova dos Sons sempre se caracterizou por traer a historia da música galego o presente e de otorgar minutos de programa a cancións que están no recordo de moitos galegos. Falar de historia da música e falar de Mini e Mero, militantes da música tradicional galega e compretidos coa súa terra e coa súa xente. Hoxe no programa traemos á Quenlla, grupo que formaron estes dous históricos xunto a otros grandisimos músicos galegos, un grupo que levou a cultura musical galega desde o norte ata o sur do país e máis do mundo.



3ª Temporada (2012/13)

O sábado 3 de novembro celebrouse o décimo Castañazo Rock en Chantada. Neste ano 2012 con motivo da décima edición deste histórico festival onde naceu o Bravú polo ano 94, volveron ás táboas do Castañazo grupos míticos do Movemento Bravú coma Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Papaqueixos ou os chantadinos Rastreros; acompañados de outros grupos da terra comos son os tamén chantadinos Liviao de Marrao, os Cuchufellos de Manzaneda ou a Orquestra Pantasma.

Grupo da zona de Vigo que toca un estilo semellante ó folk irlandés, mesturando eses ritmos tan caracteristicos con xéneros máis comúns coma o punk ou o rock. Este grupo está formado por outras formacións como son Motor Perkins, Tiro na Testa ou Skacha, as cales deixaran a súa andaina encima das táboas; ademáis é un grupo que se creou non hai moito pero con moita experiencia ó lombo, sendo tamén un dos únicos grupos galegos que manexan actualmente un estilo coma este.

Grupos compostelán que xa leva un anos a tocar o seu autoproclamado Rock de Serie B. Temas moi peliculeiros e variopintos baixo o ritmo dun rock acompañado polo son da armonica e outros instrumentos utilizados na tradición rockeira americana. Un dos grupos galegos máis orixinais e que mostran nas súas composicións un contido alternativo sen caer en ningún postureo ou melodías monótonas e repetitivas.


2ª Temporada (2011/12)

Especial 1º programa: Selección Xa!
Disco publicado pola extinta revista Bravú, no cal grupos da época presentan cancións propias calaborando con xogadores galegos na defensa da Selección galega.
Especial 2º programa: Republica Billarda
Disco elaborado pola Asociación O Varal con canción de grupos actuais galegos coa temática da billarda (xogo tradicional de orixe celta).
Especial 3º programa: Unión Bravú
Disco de recopilación de temas de varios artistas dos 90 que percencía á famosa "etiqueta" do Rock Bravú, publicado por Edicións do Cumio e marcando un antes e un despois no panorama musical da época.
Especial 4º programaLos Tamara
Grupo pioneiro no uso do galego nas súas canción nado nos 60-70 do século pasado, incluíndo poemas de autores galegos nas súas letras. Foron un grupo que se moveu por fóra do estado e que mesturaron estilos como o rock, o soul ou a música tradicional galega creando un estilo moi característico e propio. Ademaís contaron nas súas filas co carísmatico Pucho Boedo, unha das mellores voces da historia da música galega.
Especial 5º programa: Andrés do Barro
Cantante galego dos anos 70, foi dos primeiros músicos en utilizar o galego nas súas letras, ademáis de ter como compositor de gran parte das súas cancións ó escritor Xavier Alcalá (compañeiro da infancia). Tivo o gran mérito de conseguir nºs 1 coas súas cancións en galego en épocas na que a lingua non era nin oficial.
Especial 6º programaCantalingua 2012
Concurso musical galego que permite actuar ós grupos gañadores en distintos festivais por cidades e vilas galegas dentro do evento do Correlingua, ó cal acuden rapaces de secundaria e busca a difusión e normalización da lingua galega; acompañandoa da mellor música do panorama musical galego actual.
Especial 7º programa: Xabarín Club
Programa infantil da Televisión de Galicia que inclúe videoclips no seu contido diario (sobre todo no seu antigo formato durante os 90), onde grupos se promocionan e se fan coñecidos entre os rapaces e non tan rapaces de Galicia.
Especial 8º programa: Homenaxe ós Diplomáticos (120 Capadores)
Disco tributo ó popular grupo de bravú: Os Diplomáticos de Monte Alto, onde colaboran grupos amigos que estes foron coñecendo no seu transcurso durante toda a década por toda Galicia e parte do estranxeiro. Estes grupos versionan cancións do amplo repertorio dos Diplomáticos. Ademais os actuais proxectos músicais dos membros do grupo coruñés tamén participan.
Especial 9º programa: Heredeiros da Crus
Os Heredeiros da Crus foi un grupo que comezou a mediados nos 90 e que revolucionou o rock galego da época coas súas letras festeiras e subversivas e os seus ritmos moi pegadizos. Tras 10 anos parados, cada un cos seu proxecto, volven para que todos os que non puidemos disfrutar dos seus directos poidamos ter a oportunidade de vivir concertos inigualables.
Especial 10º programa: Skacha
Skacha é un grupo de punk de Vigo cunha longoa historia dentro do panorama musical galego. A finais do ano pasado decidiron dar un parón a este proxecto despois de 20 anos de camiño. Comezou a súa andaina punkeira mesturando galego e castelán nos seus temas, pero co paso dos anos foron deixando de lado a lingua de Castela para pasar a compoñer as súas canción integramente no idioma galego. 
Especial 11º programa: Entrevista a Ugía Pedreira
Ugía Pedreira é unha das mellores voces do panorama musical galego, con berce nas veciñas terras de Foz, concretando máis en Vilaronte. Foi a primeira invitada do programa e como o momento o merecía, gran parte do tempo do programa foi adicado a falar con esta grande artista. 
Especial 12º programa: Rastreros
Volvendo ó formato tradicional do programa, neste falaremos e escoitaremos aos Rastreros. Grupo de Chantada pioneiro no Rock Bravú, mesturando nas súas composicións os ritmos e distorsións máis punkeiras coa melodía da gaita e a música tradicional galega.
Especial 13º programa: Zënzar
Zënzar é un grupo de Meirama (Cerceda) que leva dando tralla nos escenarios desde o ano 1987. Das bandas máis veteranas do panorama musical e os padriños do rock galego. Están a punto de sacar o seu novo disco, despois de presentar o seu primeiro DVD en directo.
Especial 14º programa: 1º Programa Verán 2012
Comeza o verán e o tempo de lecer volve, por iso A Cova dos Sons 2.0 retorna as ondas do Radio Valadouro nun verán cargado de voa música con festivales e directos que contar. Neste programa volvese a recordar a historia da música recordando algún músico e grupo do pasado, un pasado cheo de grandes autores e bandas.
Especial 15º programa: Arreaocabo 2012
O sábado 21 no lugar de Celeiro (Viveiro) un festival ten a honra de trae unha manchea de grupazos da terra, por iso nesta sección mostraremosvos unha pequena escolma do que alí poderedes escoitar. Back to 1984, Yuno, Skarallaos, Medomedá e Heredeiros da Crus é o que se pode atopar nesta edición 2012 do Arreaocabo; case nada.
Especial 16º programa: Romería de Sargadelos
Volvemos outra vez a traer o directo ó estudo de Radio Valadouro, nesta 2ª sección monográfica de A Cova dos Sons 2.0 mostraremos os grupos que veñen a este Sargadelos Fusión no Martes 24 de Xullo (véspera do Día da Patria Galega). Recambios Tucho, The Brosas e Medomedá son os que presentaremos nesta sección, faltando mostrar só o grupo de Cedeira Los Eternos e Treixadura (grupo do Mércores) por non poder ter un "menda" a súa música na súa base de datos.
Especial 17º programa: Yellow Pixoliñas
Mítico grupo de Monforte de Lemos, un dos pioneiros no rock dos 90. Amplamente coñecidos polas numerosas colaboracíóns no Xabarin e máis polas súas enerxéticas aparicións na TVG . Un estilo moi personal con ese ska-rock-punk-distorsión e unhas letras subversivas que teñen certo punto de enaxenación mental son as carácteristicas deste grupazo do Movemento Bravú de fínais do século pásado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario