Aquí irei deixando os programas semanais de "A Cova dos Sons" para todos aqueles que non o poidan escoitar todolos luns deste verán a partir das oito e media da tarde na Radio Valadouro.
- Primeiro programa, 11 de xullo do 2011
Tema:
- 1ª Parte: Voces Ceibes. Tratarase a época da Nova Canción Galega dos 60-70,
tomando protagonismo a figura de Miro Casabella por ser un gran artista deste
movemento nado no noso val. Falamos tanto da historia do nacemento deste
movemento musical-social que tanto fixo pola cultura galega e tamén do
desenvolvemento desta xeración de cantautores galegos que non tiveron
nada fácil difundir as súas letras en liberdade.
- 2ª Parte: os dous grupos actuais deste programa serán Machina e Guezos. Os
primeiros un grupo de Cerceda dificil de encaixar nun só estilo, polo que eles se
autodenominan Post-Bravú; cun directo poderoso, que tamén da cabida o
concepto máis orgánico cos seus concertos Desenchugados. Os segundos
son un grupo ourensán nun estilo moi propio desta zona galega, un estilo de
mestura de moitas tendencias tendo unha base moi importante no folk galego e
introducindo pingas de reggae, ska, rock, etc.
- Segundo programa, 18 de xullo do 2011
Tema:
- 1ª Parte: este segundo programa tratará sobre o surxir do panorama máis rockeiro galego,
cos grupos Goma 2 e NHU. Estes foron grupos que basearon o seu estilo no
rock progresivo que se estaba a producir no resto do mundo, dando cabida
os primeiros a pingas de folk coas súas gaitas e os segundos sendo un grupo
máis psicodélico e de melodías máis vehemetes. Tamén prentaremos o grande
cantante galego desta época, como foi Andrés do Barro, e ademáis escoitaremos
un disco homenaxe a este gran artista galego, Manifesto Dobarrista.
- 2ª Parte: nesta segunda parte presentamos a dous grandes grupos galegos actuais, Nao
e Os Cuchufellos. O primeiro é un grupo de A Estrada, podemos considerar
o seu estilo unha mestura de rap e metal que foi dando paso a estrutura máis
melódica coa paso do tempo, deixando atras o seu estilo maís rapcore (similar
a grupos coma Rage Against The Machine); un resumo destes son o de letras
poderosas mesturadas con melodías cañeiras. O segundo grupo é outro grupo
ourensán (como a semana pasada) de Manzaneda, podemos dicir deste grupo
que é un grupo moi festeiro que fai dos seu directos unha auténtica verbena na
que da cabida a estilos como ska, o reggae, a rumba, en definitiva unha
explosión festeira co fin de que todos brinquemos ó seu ritmo.
- Terceiro programa, 25 xullo do 2011
Tema:
- 1ª Parte: Segue neste tercerio programa a andaina deste programa, en canto a este toca
falar dos principio do folk galego, eses primeiro grupos da musica tradicional
máis actual. Faleremos das formación máis famosos destes inicios, serán
Fuxan os ventos, a posterior escisión do anterior, A Quenlla, os famosísimos
Milladoiro, e o grupo tal vez cunha presenza máis cercana a Mariña, DOA.
- 2ª Parte: Pasando xa á actualidade toca falar de dous grupos moi coñecidos, son Dios Ke
Te Crew e Lamatumbá. Os primeiros son tal vez os precursores iniciais do hip
hop en galego, creando o seu redor unha cultura propia e un xeito de facer as
cousas moi propio. Os segundo son outro grupo máis ourensán, caracterizado
tamén por esa mestizaxe de estilos, coma os de anteriores semanas; un gran
grupo para a festa e a pachaga dos que fai bailar o público nun pé.
- Cuarto programa, 2 agosto do 2011
Tema:
- 1ª Parte: Toca pois xa cambiar de década e ir camiñando a actualidade, neste programa
falaremos da década dos 80 na que tantos grupos naceron en Galicia, algúns
destes moi influintes na cultura musical galega, estes son Radio Océano,
Siniestro Total e Os Resentidos; estes últimos uns verdadeiros precursores da
música integramante en galego.
- 2ª Parte: Pasando xa á música máis actual presentamos a dous grupos de gran
calidade, Kastomä e Roi Casal. De Kastomá podemos dicir que é un grupo
de Ordes, cuna de grandes grupos, formado por 5 colegas que buscaban
desconectar do día a día, facendo un rock moi enérxico cunha letras que falan
dos temas do cotián. En canto a Roi Casal, xa falamos del en programas
anteriores como membro de Milladoiro e fillo de Nando Casal, dicir que despois
de buscar a súa carreira en solitario compuxo un formación de músicos de gran
calidade que mesturan dunha xeito prodixioso a música máis tradición e o folk
celta co pop e rock máis actual; creando un estilo propio apoiado sempre no
seu virtuosismo coa arpa e na composición.
* Tivemos un pequeno fallo o principio do programa na que repetimos dúas cancións; é o que teñen os programas feitos por aficionados.
- Quinto programa, 8 agosto do 2011
Tema:
- 1ª Parte: Neste programa pasaremos xa a falar do estoupar da música galega, os 90
co nacemento do Bravú. Neste 5º programa falaremos de tres grupos moi
coñecidos, como son os Yellow Pixoliñas, O Caiman do Río Tea e Os
Diplomáticos de Monte Alto. Estes últimos para min un dos grupos abaderado
deste movemento, sendo Xurxo Souto un dos principales creadores e
impulsores de toda a demais cultura que rodeou a esta bomba musical e
cultural que foi o Rock Bravú.
- 2ª Parte: Pasando xa á actualidade toca falar de dous bos grupos, os Ruxe Ruxe e
Som do Galpom. Este primeiro, grupo considerado o máximo herdeiro do
bravú dos noventa, é unha formación das máis dinámicas actuais, que
axudan e colaboran en moitas facetas da cultura e da promoción da música
galega (Vituco Neira, o cantante, é o presentador do Planeta Furancho);
o seu estilo mestura moi ben o rock, o punk e o folk, facendo unhas cancións
de moita calidade que mostan nun dos mellores directos do panorama
musical actual. Os segundos son un grupo de Santiago que fan unha música
analóxica sen empregar aparellos electrónicos dándolle un maior realismo
as súas cancións, mostrando deste xeito un directo que non dista das súas
grabacións que engaiola o público con ese estilo do funky-reggae-rap
- Sexto programa, 15 agosto do 2011
Tema:
- 1ª Parte: Volvemos neste programa falar do rock bravú, tocalles a tres grandes
dos 90, os Papaqueixo, Rastreros e Skornabois. Estes últimos é un grupo
de Vilanova de Lourenzá que foi un dos fundadores da famosa etiqueta
do Rock Bravú, por ser un grupo da zona e ademáis porque foron un
grupo que non tivo a acollida que merecía nesa época, aínda que
actualidade é tomado como referencia por moitos artistas, é polo que
lle dedicaremos un longo tempo deste 6º Programa.
- 2ª Parte: Pasando xa os día de hoxe, teremos a dous grandes grupos actuais, son
Zenzar e Loretta Martin. Os primeiros son un grupo de Cerceda que gozan
dunha gran historia xa, pois comezaron nos inicios dos 90, facendo un
punk rock que durante o paso dos anos foi collendo unha maior influencia
rockeiro ademaís de gañar madurez nas súas letras. Os segundo son
un grupo coruñés que goza unha gran acollida no público galego, cun
estilo de rock con tintes de blues, tomando semellenza dos grupos
rockeiros dos 70-80.
- Séptimo programa, 22 agosto do 2011
Tema:
- 1ª Parte: Chegando xa a este último programa da temporada de Radio Valadouro toca
falar do remate desta época tan gloriosa no panorama musical galego como
foi a do Bravú nos 90, toca falar logo de Xenreira e os inmortais Herdeiros
da Crus.Os primeiros foi un grupo dos englobados totalmente na etiqueta de
Rock Bravú co seu estilo de ska-punk combativo ou como eles se denominaban
Rock Irmandiño; mentres que o segundo xa non son un grupo englobado neste
movemento, aínda que si tivo a súa carreira músical dunha forma paralela a
este, preferindo denominar ó seu estilo "jrunje jalejo" fuxindo da etiqueta do
Rock Bravú que eles non consideraban súa.
- 2ª Parte: Xa para rematar con última esta segunda sección do programa, falamos de 3
grupos de estilo moi diferentes actuais, Avante!, GalegoZ e Skacha. Os
primeiros son un grupo de metal do Val de Loureda, que mostran un estilo
moi influencia por Thin Lizzy cunhas guitarras moi poderosas. O segundo é un
grupo cun estilo moi experimental, que mezcla as letras rapeadas, cunhas
melodias que mesturan a perfección a música máis electrónica cos ritmos
máis analóxicos. O terceiro e último é un grupo punk de Vigo que xa ten o
lombo moitos anos de experiencia xa que naceu a principio dos 90, consta
dun estilo moi propio do punk rock, pero coa inflluencia do harcore e do oi,
ademáis de ter un temática que xira entre as letras máis socias e as historias
máis cotiás.
Despedida momentánea
Con este 7º Programa remata a temporada desta "Cova dos Sons", espero que todos os que o escoitaron o pasaran ben durante un anaquiño disfrutando da música do país.
Este programa volverá "algún día", fecha sin confimar. Cando os planetas se alineen e o tempo me de un respiro para volver a ese estudo no que pasei tan boas horas, como foi o de Radio Valadouro, a luz voltará a esa cova e volveranse a ouvir os sons da música de onte e hoxe nesa lingua tan fermosa que é o galego.
Diría o mestre: "3, 2, 1, Talojo amigos. PARTIU".
(Re)Volta da Cova dos Sons
Despois deste pequeno paro nas emisións de Radio Valadouro, volve A Cova dos Sons con dous programas que quedaron na recámara desta arma sonora. A emisión deste programa continua na nosa Radio as 18 horas do Luns e durante os sabados as 12 do mediodía, así prodedes volver a escooitar os programas repetidos da Cova dos Sons ademáis destes dous que engado agora no blog para que poidades disfrutar deles na rede.
- Oitavo programa da Cova dos Sons
Tema
- 1ª Parte: Volvemos a abrir as ondas para este programa para falar outra vez da historia
musical deste país. Hoxe abandonamos o formato de falar dunha historia dividida
por décadas para pasar a falar dun acontecemento que marcou un antes e
despois na música galega. Falaremos logo do Xabarín Club, ese programa da
TVG que tanto aportou a normalización (lástima que todo cambiase) do galego.
Polo tanto, nesta oitava Cova dos Sons falaremos da importante parte musical,
escoitando tanto moitas cancións dos CDs de "A Cantar con Xabarín" como
algún das pezas musicais dos innumerables videoclips que todos mirabamos a
escasos centimetros do televisor.
- 2ª Parte: Nesta segunda parte presentarémosvos como xa e habitual na dínámica deste
programa un par de grupos da actualidade.Gendebeat e Kogito, dous grandes
grupos do panorama actual. O primeiro máis que grupo e un cantautor de ragga
e que fai un dos mellores beatbox de Galicia. No segundo estamos a falar dun
grupo ska de Vigo, cunha calidade músical moi boa e con letras combativas.
- Noveno programa da Cova dos Sons
Tema
- 1ª Parte: Despois desta pequena volta deste programa da Radio Valadouro, A Cova dos
Sons; volvemos pechar as portas a este espazo musical. Por iso o programa de
hoxe será un resumo da historia da música galega no idioma do país.
Comezando polas Voces Ceibes a finais dos 60 ata chegados os 90 co
Movemento Bravú, facendo un parada en importantes grupos coma Goma 2,
Andrés do Barro, Fuxan os Ventos, Os Resentidos, entre outros moitos. Así
que todos aqueles que non escoitaron os anteriores programas, poden probar
neste un pequeno petisco da grandísima historia da musica do país.
- 2ª Parte: Abrimos outra vez esta última parte deste programa para a presentarvos o
último grupo da actualidade dentro desta Cova dos Sons. Estamos a falar dos
Deseqilibrio Mental, un grupo de Teo (vila con tamén moita vida musical) que
ten un estilo entre o rock e o metal, que canta baixo a melodía de dúas voces
e que trata nas súas letras as realidades máis actuais, protestando sobre os
temas do cotián.
A DESPEDIDA
Esta vez sí, sen programas na recámara remata este programa A Cova dos Sons. Por falta de tempo e tamén por un fin deste formato de narración da historia vexo imposible a continuación deste programa con esta estrutura coa cal se estivo a funcionar durante este tempo. Por todo isto remata no seu noveno programa, pero sempre co orgullo de facer algo que levaba moito tempo con ganas de realizara. Digo despedida pero non un adeus definitivo, xa que aquí un continua coa ilusión de seguir cun programa de música do país e cando o tempo dea cabida a gravación de máis programas volveremos a Radio Valadouro, xa sexa compartindo o mismo nome con A Cova dos Sons 2.0 ou xa deixando de lado o nome ao par que se cambia o formato de realización deste espazo musical.
Por iso coma decía Terminator: "Voume, pero volverei", esta é a ameaza que plantexa A Cova dos Sons. Continuade a escoitar A Cova dos Sons, tanto cos programas repetidos na Radio Valadouro no 107.9 ou neste blog no que están colgados a totalidade dos programas.
Na honra do grande Aberto por Reforma (Pechado por censura) de Xurxo Souto e tamén do actual Planeta Furancho da Radio Galega Música (de luns a venres as 23:00) de Vituco Neira.
"3, 2, 1, Talojo amigos. PARTIU"
Menos mal que alguén lle fai unha pequena homenaxe á nosa música, grazas por colgar os programas de Radio Valadouro virannos ben para recordarnos do noso pobo mentres estamos exiliados de exames.
ResponderEliminar