2 abr 2011

POLÍTICAS DE ASFALTO

Están próximas xa as municipais e nótase no ambiente, ese cheiro a alquitrán, esas estradas cortadas, eses sorrisos falsos, esas palmadiñas na espada, eses longo apretóns de mans e , sobre todo, esas infinitas promesas de “se saímos outra veza xa…”. Máis do mesmo, pasan os anos de catro en catro pero non cambian as formas de facer política nos concellos do val; esperando sempre ó último momento para facer obras para que estean recentes na cabeza dos votantes e ir comprando favores de casa en casa para non caer dese pedestal no que se sentan o “grandes” políticos dos nosos concellos.

Vimos de celebran unha festa da xuventude no concello de Alfoz, anda si se acordaron deles? Canto tempo durou, unha noite. Acabou a festa e acabouse todo, que casualidade que fora tan preto das municipais. A verdade e que neste concello sempre se preocuparon polos xoves, demostrado queda con feitos coma o de que os rapaces aínda non lles é posible ir bacharelato a Burela en bus, un autobús que custa a miserable cantidade de 130€; nos meus tempos 65€, e non foi fai moitos anos. Se non se preocupan pola educación dos novos logo, do traballo? So falta ver os xoves que están a traballar hoxe en día no val. Pero eles dirán que estamos en crise, eu digo, é fixeron algo contra iso, nada.

Xa que quitei aquí este gran tema, o traballo, que rexeitamento produce esa palabra nos nosos actuais gobernantes, iso de crear traballo para todos en lugar de para os seus “amigos” non os motiva nada. Cal será o motivo? Podo ser malpensado e dicir que isto débese a que tremen o pensar que están a darlle emprego a xente a cal non lles vai votar, intentando así que marchen fóra dos seus “dominios” e así non molestar. Podo dicir tamén que son tan folgazáns que non queren gastar enerxías nun feito que non lles vai proporcionar ningún beneficio directo, xa que eles traballo xa teñen e para os seus familiares e amigos xa se amañaran nun futuro para encontrarllo. Ou xa por chegar ata o inimaxinable, o motivo é que estas persoas non teñen capacidade real para conseguilo, porque as súas cabeciñas non están preparadas para realizar tales tarefas, están limitadas só as cacicadas de sempre.

Por iso agora que se achegan as municipais, debemos buscar alternativa, un grupo coa forza da imaxinación, coa rebeldía, con decisión e sen complexos, que escoite a opinión dos veciños, para ser así un veciño máis e non un simple “político”, levando así a política á normalidade; sacudíndonos así da caspa das políticas antigas que non só non resolven nada, senón que provocan o afastamento do pobo do réxime democrático, desconfiando estes desta clase política, dicindo día tras día a mesma frase: “Todos son iguais, tanto da uns que outros porque isto non vai cambiar”.

Porque non podemos cambiar? O val e un gran pobo, traballador, preparado, emprendedor, temos que confiar en nos mesmos e perder o medo para lavarnos destas políticas que cheiran. Construír un concello do que se sintan orgullosos os seus veciños. Porque estes concellos si que existen en Galicia, e desde as últimas municipais estase a notar un cambio desde abaixo, existen xa concellos renovadores que usan políticas para as maiorías, estes concellos existen. Sexan concellos rurais como San Sadurniño (pobo preto de Ferrol) que coidan o seu contorno natural e histórico logrando así unha vida mellor para os seus; sexan pequenas vilas coma Ribadeo ou Mondoñedo, esta última esta a facer as cousas ben a pesar de estar afogada na débeda que os antigos mandatarios lles fixeron herdar coas súas cacicadas; ou sexan xa grandes cidades coma Vigo que experimentou un gran cambio, a mellor, despois de que xente con desexos de mellora chegaran o concello e facendo política e campaña dende os seus principios e non como un simple cálculo electoral.

Por todo isto, e xa para rematar, só me queda dicir que somos nos os que temos nas nosas mans o cambio do noso concello, apostando pola alternativa lonxe dos grandes partidos rexidos desde Madrid que só buscan en nós unha reserva de votos máis, sen atinar nas súas políticas e sen buscar o ben do seus votantes e do seu pobo. Por iso debemos sacar a cabeza deste lixo de vida, e pensar que nós merecemos algo máis, que nós xa non queremos emigrar máis, queremos ficar no noso fogar de toda a vida, da nosa infancia, o dos noso pais e avós. Por iso estes non son tempos para chorar debemos obrar tendo en mente que ese papel, que moitas veces sen saber o seu verdadeiro valor, que introducimos na furna ten a capacidade de converter estes concellos nos que vivimos e nos que queremos seguir a vivir nun lugar moito mellor. Hai que perder o medo, non nos podemos agochar máis.

27 comentarios:

  1. Creo que esta pode ser a banda sonora deste artigo

    http://www.youtube.com/watch?v=zqW8Mc5KCW4

    ResponderEliminar
  2. E todo isto pode cambiar a partir de Maio, e entre todos temos ganas de facer un Val novo que sexa a envexa da xente do fóra e o orgulla da xente daquí.

    ResponderEliminar
  3. Grazas a todas as persoas que me deron a noraboa polo blog (sobre todo por esta última entrada), isto vaime dar máis forza para seguir a escribir e mostrar a miña opinión sen complexos.
    E volvo a repetir, MOITAS GRAZAS.

    ResponderEliminar
  4. Vas ter que cambiar de semente,por que esa non vai nacer,non ten o certificado de calidade,xa fai anos que caducou.

    ResponderEliminar
  5. Escribir calquera escribe, non fai falta ter moitas luces, pero as palabras hai que demostralas con feitos...

    ResponderEliminar
  6. Sintoo por todos aqueles a quen non lles gustou o que escribin, pero isto é o que penso.
    Podo aceptar a criticas (estas axudanme a mellorar), pero o que non acepto é que seme falte (sobre todo se é dun xeito anónimo).
    Todo o que escribo no blog representa o que eu penso. Nas súas liñas non insulto a ningunha persoa, o único que fago e expoñer a miña crítica a forma de realizar as cousas.
    Se alguén non está dacordo cos meus ideais, ben; pero non estar dacordo non significa que sexan mentira, pois esta é a MIÑA verdade.

    Repítome outra vez grazas a todos os que len este blog, dacordo ou non con el, para min é un pracer que a xente lea o que eu escribo.
    Ademais animo a todo aquel que o lea que comente, a favor ou en contra. Pero por favor sen insultar que esto non é máis que a opinión dun simple rapaz de 20 anos.

    ResponderEliminar
  7. Hai persoas moi valentes detrais dun anónimo, aí xa empezan a desmostrar de que pé coxean, pero bueno o mellor que se lles pode facer e deixarlles falar pois a súas palabras e argumentos poñenos no seu lugar sen decir nada.
    A semente que prantan algúns xa se ve donde nace sempre e o certificado de calidade que ten, mellor tar calado e parece tonto que falar e aclarar dúbidas.

    ResponderEliminar
  8. NORABOA POLO BLOG JACOBO, E NORABOA POLA TÚA VALENTIA DE DAR A CARA PARA DECIR O QUE PENSAS, COMO VES OUTRAS PERSOAS SON TAN COBARDES QUE SÓ SE ATREVEN DETRÁS DUN ANÓNIMO E NIN PARA FALAR DAN A CARA.

    ResponderEliminar
  9. Jacobo unha vez mais noraboa polo blog, a min a xente que se esconde para falar e dunha semente falsa e podre, a semente da xente boa a a semente da xente que da a cara, podes estar de acordo ou non, pero non se pode faltar ao respeto dun rapaz que pon aqui a sua ilusion e a sua opinion, pero esta xente é a que axudou a que os nosos amigos teñan que ir traballar fora do val e deixar a semente dos veciños do val do ouro fora de aqui, tu sigue asi que o fas moi ben, saudos

    ResponderEliminar
  10. Escribir calquera pode, porque por sorte tivemos acceso a unha educación e a cultura. ESCRIBIR BEN É UN ARTE, é con arte é como ti contas, a quen queira ler, as túas inquietudes e opinións. GRAZAS POR COMPARTILAS CON NOS.

    ResponderEliminar
  11. É abraiante que no século XXI, exista xente cunha mentalidade tampouco aberta.Estamos nunha sociedade globalizada, sen fronteiras é ainda , estamos asi, Jacobo no pasado, localismos retorcidos.O unico que te salva é que pensalo de verdade, pero estás equivocado e mal encamiñado.Ti eres igual que os que criticas.OS POLITICOS non son necesarios nunha sociedade libre e aberta.LIBERDADE, SOLADIRIDADE e IGUALDADE.Estas rodeado de xente que lles importa un pemento Alfoz, o unico en quen pensan son eles mismos, medrar a conta tua.Ti escrives aqui, danche a palmadiña e que ben quedan, Son unhos ineptos egocentricos.

    ResponderEliminar
  12. Se por localismos retorcidos te refires a munipios caciquís, estou dacordo contigo, pero iso do pensamento global non vai conmigo. Eu identifícome coas miñas raíces e con estas busco abrirme cara o exterior. O internacionalismo está moi ben, sempre que non se vaia en contra da diversidade cultural (feito que na actualidade non se da moito).
    En canto o da palmadiña, non podo dicir que todos os agracedementos sexan sinceros, só sei que estes, tal vez sendo infeliz, me animan a seguir dando a miña opinión.
    Polo de ineptos egocéntricos, non se pode xeralizar coa clase política, existe xente que quere cambiar as cousas. Unha minoria que quizais só se de en esferas de pouco poder. Tal vez nos tempos que vivimos a política nos está a decepcionar día a día, pero non por iso debemos evadirnos dela, xa que isto é o que os grandes politicos queren, convertir a democracia nun sistema elitista, ó máis puro estilo ianqui.

    ResponderEliminar
  13. Os Bloqueiros de Alfoz, non saben ainda que é o movemento anonimous.

    ResponderEliminar
  14. Non me refiro aos municipios caciquís como o de Mondoñedo.Refirome os Nacionalismos caducos.A globalización non se escolle,está aqui.Non me refiro a clase politica en xeral refirome neste caso os dous primeiros da lista que defendes, O número 1 inexplicablemente e inxustamente e desmerizadamente volve a repetir por segunda vez como alcaldable, moi mal. Ou o xa conocido por todos os teus queridisimos veciños do val como o novo Bob esponxa do valadouro, e un enche bocas, inmaduro e caprichoso, por que digo esto, porque como si fose un capitulo da serie de tv bobesponja un dia dedicouse a xuntar os veciños para impedir que se construiran novas vivendas de proteccion oficial no concello de Alfoz, como el xa a ten, os demais non temos dereito.Esto é o que pensa facer o novo Bob Esponxa por Alfoz.Non fai falta que che diga mais.

    ResponderEliminar
  15. Non vou entrar en conflito pola exposición das miñas ideas.
    Eu non estou aqui para defender a ninguen pero o de meterse cunha persoa por disfrazarse de Bob Esponxa no cumpreanos do seu fillo vexoo mal, sobre todo se esa foto sae publicada a carón dunha foto da candidata do PSOE tachada e doutra onde sae un asasino culpable da morte de miles de persoas ó que algúns chamaron caudillo de España.
    Repito non vou entrar en conflito e este é a miña ultima resposta
    E por favor non usedes o blog para insultar a ninguén. Este é o ultimo comentario con insultos que respondo.
    Grazas

    ResponderEliminar
  16. Insultar a quen? A bob esponxa??.Quen insulta, e menosprecia a intelixencia dos veciños de Alfoz, son eses dous por presentarse a unhas eleccións municipais nun lista dun partido chamase X ou Y.Son persoas que non traballan para naide, non buscan o ben comun, nin mellorar nada solo estan ahi polos seus intereses propios, e faran o que faga falla hasta comprar votos dando supostas subencións en diñeiro negro a asociacions e agrupacións, sen xustificar os pagos, pero quen sabe moito desto é Ivan Marrube, todo vale .

    ResponderEliminar
  17. A intelixencia din que é limitada en cambio a estupidez demóstrase que non ten limites, cada un ten a que quere. O que deberías facer é poñer o teu nome quedar un día e dicirlle ás persoas que insultas eso á cara. A pena é que a xente coma ti non ten valor para expresar as súas ideas, ben por que non ten argumentos pra defender as súas ideas ou ben por que se sinte avergoñado e sabe que non ten sentido o que quere facer ver aos demáis que son as súas ideas.

    ResponderEliminar
  18. Vese que os PPteiros están nerviosos, antes éralles igual o que dixera a xente pois escudábanse trala súa maioría, pero os anos de chupa parece que se acaban. A xente xa se cansa de mentiras e quere outra cousa, quere xente normal, que se disfraza de Bob Esponxa cando lle da a gana, que da a cara e pon nome e apelidos a cada palabra e feito, que anda polo mundo e vive do seu traballo non de lamber cús e recoller as migallas que lle sobran a algúns. En fin xente con ideas para Alfoz e ganas de traballar para o futuro, o de todos, non o de dous ou tres.

    ResponderEliminar
  19. Anda se chegou o numero 3, sempre pensei que facía un tipo como ti, no medio desa banda, agora xa me dou conta, eres o can ladrador....quita da cabeza o de ppteiro, ti soñas, non fai falta ser ppteiro para soltar unhas criticas constructivas, o que pasa e que andades ceguiños de todo, a min dame o mesmo que banda gañe, sodes o MESMO, buscades o MESMO, en Alfoz o que vos move é o odio o contrario, so queredes destruir e minuspreciar o traballo dos outros, no canto de traballar polo ben de todos, se non mira publica no teu muro do facebook por que O da foto de bobesponxa queria xuntar os veciños para que non fixeran as vivendas de proteccion oficial en frente da sua, que pasa quitalle a vista ou e que non pode aparcar ali a plataforma, que pensa que a granda de San Pedro e del, e agora vai de politico, anda o que dades pena, se non tedes xente valida para encabezar unha lista non presentarse,non ir por ir,que a xente de ferreira non vota en Alfoz por agora, si o 85 por cen das condolencias polo tema da foto viñan de xente de Ferreira o, ata o Aleman jaja o consolaba, penoso.O mais carallo e que lle andan votando a culpa os do pp e igual foi un calquera, mira que ter a privacidade aberta, ata un que non e amigo pode ler o voso muro, manda carallo.E queredes gobernar un concello se non sodes capaces de ter controlado o voso Facebook.Anda o igual ata ganades.pero non votades ni 1 ano gobernando non valedes, e que ese e voso problema.

    ResponderEliminar
  20. No tema de dar a cara, ou non dar a cara para min e irrelevante, eu non busco protagonismo nin salir na foto nin colgarme medallas a conta do traballo doutros, eu non encabezo nada nin represento a ningun partido, e digo as cousas por min mesmo, se teño que darñe caña a outros cando chegue o seu momento daraselle, mentres tanto intento facer ver os seguidores do bloque de Alfoz que eses DOUS que encabezan a lista son un ERRO grande.E decir como cho explico para que o entendas si tu tes un grupo de 8 individuos e tes que escoller a un para ir a presentarse a Alcaldable,¿A cal escollerias? escollerias a un persoa cun perfil dunha persona honrada e con valores, e poñeriamos nun terceiro lugar a sua preparacion, digo eu.No voso caso escollistes os sinverguenzas do grupo?Eu creo que si.

    ResponderEliminar
  21. O do can ladrador ainda non o pillei, pero non che vou dar máis protagonismo pois eres un pobre personajillo que buscar menospreciar ás persoas con mentiras e insultos, e todo iso detrais dun anónimo. Se de verdade a túa intención fora facer algo por Alfoz poñerias o teu nome e diriasmo á cara cando me virás por aí. Solamente che pido que non volvas a escribir se só é para dicir tonterías e burradas, cousas que ainda que non saibamos quen es te debuxa como persoa.

    ResponderEliminar
  22. Pero este de que vai, ¿que eu queria xuntar aos veciños para que non faigan viviendas sociais? pero ti de que vas? paganche para decir esas cousas ou que? eu non movilicei a naide fun soiño falar có alcalde e non para non facer viviendas sinon para facelas ao outro sentido pq si non quedamonos sin granda, e para a tua información sobrame moito donde poñer plataformas, pero deixei sempre ben claro que non estaba en contra das vivendas era o que faltaba tendo eu unha aqui, que non che gusto como número dous pois non me votes pero non me insultes, non creo que faiga falta, a min polo menos podeseme criticar pq dou a cara non coma a ti que eres un cobarde que tes que destragarlle un blog a un chaval que o fai con toda a sua boa intención, e mira interes persoal non che teño ningun no tema politico, vaicheme moi ben non meu negocio, creo que traballando moito e coa miña familia, pero creo que Alfoz necesita un cambio, nada mais nin nada menos, e mira levo traballado mais polo Valadouro que moitos politicos, desde os 18 anos contribuin a fundación de moitas asociación e motoclubes e organizando moitos actos, e nunca gañei nada economicamente falando, sempre coa satisfacción de que se fixesen cousas aqui, pero sempre ten que haber xente mal pensada e amargada coma ti, ten que haber de todo ¿non? e non ofende quen quere sinon que pode, sigue despotricando que eu non che vou contestar mais, para min eres un falabarato que te descalificas ti mesmo, e si non das a cara non merece a pena nin contestarche é coma quen fala con unha parede, e non volvas poñer na miña boca que eu non quero as viviendas sociales que non é verda, queroas de boa gana para que a xente poida vivir en Alfoz pero creo que se poden facer igual sin destragar a granda, nada mais

    ResponderEliminar
  23. Destragar a granda? A granda desgraciachela ti, pailan, o vir para ela.Que non tes mais que serrin na cabeza.Das pena.

    ResponderEliminar
  24. Escrivo donde me da a gana.Hector,.

    ResponderEliminar
  25. Este é o último comentario con insultos a alguen neste blog, sexa quen sexa. Se queredes opinar, opinade, pero hai que manter unhas formas a hora de comentar. Se se volve repetir nalgún comentario, este será borrado, polo dereito que teño ó ser o administrador do blog.

    ResponderEliminar
  26. Si os representantes do BNG sairan dun sorteo a lista estaría mellor organizada.Se non entendendes o que vos digo, sinto, non son político e menos ppteiro.Un saudo a todos, ata a próxima, que últimamente tedes os nervios algo alterados, supoño que nos outros partidos pasara o mesmo, asi que vou facer un alto no camiño.E que sexa o que os Alfocenses decidan.Doume conta que a lista do BNG non pode cambiar, debería empezar moito antes con estas críticas constructivas, pero pasouseme.

    ResponderEliminar
  27. Sintoo pero apartir de agora non se poderá facer comentario de xeito anónimo, debido a que isto tornou nalgo que eu non podo permitir.
    Nun principio a min dábame igual saber ou non a identidade do que escribe, pero estou a ver que esto dos anónimos se está a converter nunha forma moi sinxela de meterse coa xente e cos proxectos evadíndose de toda responsabilidade.

    ResponderEliminar