O bosque autóctono galego xa viña sendo un paraíso en perigo de extinción, pero despois dos feitos deste fin de semana pasou a ser un ben destruído na nosa terra. Eucaliptais, minas, industrias e demáis levan mermando todos os nosos montes desde hai xa tempo; pero as estes factores nos últimos tempos temos que sumarlle outro: o lume.

O primeiro creo que é coñecido por todos nós, calquera que
se pare a miran a nosa natureza e olle para o ríos verá a seca que estamos a
ter desde o outono. Os ríos case non levan auga, os regatos xa non existen, os
nosos prados están secos e a herba verde característica destas épocas do ano xa
torna nun color máis amarelo. Chameille factor natural pero por iso non quere
dicir que sexa alleo á culpa de todos nós, o cambio climático está aí e non
podemos botar pelotas fóra e arredarnos de toda culpa; nesto nos tamén temos
responsabilidades.
Paso agora ó segundo factor, non podemos falar del como algo
novidoso xa que ven existindo desde xa moitísimo tempo. Con este segundo factor
refírome ó interese individual ou mesmo de pequenos colectivos, algo que o
egoísmo humano nos ven ensinando desde tempos inmemoriais pero que está pegar
duro ultimamente os nosos montes. Falamos de xente que quere sacar un beneficio
directo dos montes sen miran o impacto que pode causar no noso medio. Para ser específicos,
neste ultimo caso no incendio nas Fragas do Eume había un ruxe ruxe xa de que
certas empresas mineiras quería sacar tallada dunha explotación de andalucita
que se atopaba nos contornos das Fragas; xa gozaban estes dun permiso da Xunta
que lles permitía construír a súas minas a apenas 50 metros dun parque natural
único en toda Europa. O lume comezou xusto no lugar onde esa suposta mina de
andalucita ía estar localizada. Casualidade? Home, un non é que vaia
desconfiando na xente pero permítanme dicir que nas empresas multinacionais non
gardo nin un chisco desta confianza e menos cando pretenden tratar a Galicia
coma un país tercermundista (nada tampouco novidoso) no que “roubar” os nosos
recursos e cando deixen o terreo ermo de todo valor, marchen e deixen un
deserto onde antes había carballeiras, bidueiros e en resume, un paraíso
autóctono.

Agora
xa para rematar quero mostrar a miña opinión claramente, sen recortes, sen
medias palabras e sen roer a lingua, porque a verdade e que todo o que pasou
este fin de semana provocou en min un sentimento de xenreira que non podo
controlar. Señor Alberto Núñez Feijó, velaquí tes o teu “Prestige” particular,
os tempos pasaron pero toda esa incompetencia e pasotismo que vos caracterizan
volveron a provocar o que moitos temíamos; volvestes a destruír algo que non e
nada fácil de reparar, algo que non reacciona os vosos ataques como calquera
galeg@ pode facer (e fará), a natureza. Esperemos que todo isto tome dinámicas
que en tempos pasados xa se tomaron e que non pasen moitos anos ata que todos
poidamos disfrutar dos nosos montes, igual que agora podemos disfrutar das
nosas costa 10 anos despois.